
Fóra de Mapa
#Petisco lixeiro. Gagauzia
Gagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis complexa do que podería parecer. No episodio viaxamos a Gagauzia para coñecer a súa historia, a súa peculiar autonomía e as tensións que mantén con Chisinau. Falamos tamén do forte vínculo da rexión con Rusia, da súa oposición ao rumbo europeo de Moldavia e, sobre todo, dunha lingua que vai camiño de ser substituída polo ruso nun par de xeracións.






