
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 23 07 26
Dez menores de entre 14 e 16 anos, algúns deles veciños de Cambados,investigados como presuntos autores de varios actos vandálicos rexistrados nas instalacións do Obradoiro de Emprego de Cambados. O concelleiro de Cambados Pode, José Ramón Abal, rompe o silencio dende o seu cese como membro do goberno municipal: "foi un golpe moi duro, non esperado", e cuxo motivo argumenta éxcluxivamente no seu voto en contra da subida do IBI Unha modificación de créditos permitirá ao goberno de Vilagarcía reunir 290.812 euros para seis investimentos., como a comprometida extensión dos farois escultóricos do paseo marítimo ata o porto do Carril. A Illa de Arousa sufre un corte xeral de auga que afecta de forma xeneralizada ás vivendas, establecementos e servizos de todo o municipio. A Operación Centinela Galego para reforzar a prevención dos incendios forestais adianta cinco días o seu inicio e permanecerá activo entre o 10 de agosto e o 25 de setembro.






